CUENTOS, POEMAS, REFRANES… DE 4ºA

Mércores, 10 de Marzo de 2010

SEMANA DA PRENSA: DO 8 A0 12 DE MARZO

Luns, 8 de Marzo de 2010

Os centros escolares de Galicia celebran a “Semana da Prensa” durante a que se poderá dedicar un pouco máis de atención á lectura dos xornais.

Se queredes achegarvos a ela non tedes máis que pinchar aquí e poderedes ler prensa galega, nacional, internacional, deportiva…

Se foras un xornal…

LA VOZ DE LA ESCUELA ( 10 – 3 – 2010)

colaborador1 General

8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Domingo, 7 de Marzo de 2010

“IGUALDADE DE DEREITOS, IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, PROGRESO PARA TODOS”   é o tema deste ano do Día Internacional da Muller que marca o 15º aniversario da adopción da Declaración  de Beijing e da Plataforma de Acción  na Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller celebrada en Beijing no 1995.

“ La igualdad de las mujeres y las niñas constituye también un imperativo económico y social. Hasta que no se logre liberar a las mujeres y las niñas de la pobreza y la injusticia, todos nuestros objetivos-  la paz, la seguridad, el desarrollo sostenible- correrán peligro.”

Secretario General Ban ki-moon

Foto da ONU/Evan Scheider


colaborador1 General

GALICIA LEMBRA A ROSALÍA DE CASTRO

Mércores, 24 de Febreiro de 2010

A asociación de escritores galegos conmemora hoxe, en distintas cidades galegas, a  chegada ao mundo de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837.

Na nosa cidade, os escritores Isidro Novo e Antonio Reigosa   lerán un manifesto conmemorativo do nacemento desta gran figura das Letras Galegas.

O acto terá lugar na rúa das Nóreas, diante da casa onde se cre que viviu.

colaborador1 General

UNHA VISITA AO PARQUE DE TRÁFICO

Luns, 22 de Febreiro de 2010

O día 18 de febreiro, un grupo de alumnos de 5º fixemos unha visita ao parque de tráfico, en Frigsa.

Fomos facer as clases prácticas de educación vial, porque a teoría xa a fixeramos no colexio nos dous últimos cursos. 

Despois de escoitar as explicacións do monitor, organizámonos en grupos de oito nenos e nenas para realizar o percorrido nos cars e nas bicicletas.

O circuito tiña unha ponte, varios sinais de STOP e cruce de carrís, unha rotonda, dous semáforos… 

Ao final, o mestre repartiunos uns carnets de conducir cos nosos nomes… que boa idea! 

Esta excursión foi moi divertida e creo que todos o pasamos xenial. 

                                                      LAURA LÓPEZ  (5ºC) 

colaborador1 General

“A CASA DO QUEIXO”

Sábado, 20 de Febreiro de 2010

O día nove de febreiro, os nenos e nenas de E.I. de cinco anos visitaron unha granxa en Sobrado dos Monxes. Divertíronse moito facendo queixos, carautas,  vendo os animais…

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Traballo dos nenos e nenas de 5 anos A.

Traballo dos nenos e nenas de 5 anos B.

colaborador1 General

ENTROIDO 2010

Luns, 15 de Febreiro de 2010

O Entroido é unha festa chea de colorido, merendadas e moita diversión. Nestas datas a xente disfrázase para que ninguén os recoñeza e así poder facer trasnadas. Como é  a época de probar o porco, cómese moito.

No noso colexio tamén celebramos o Carnaval. Os nenos e nenas de E.I e 1º ciclo de E. P. tiveron que levar na semana do Entroido cousas extravagantes:

-         O luns, unha camisa vella do pai ou da nai.

-         O martes, a camisa vella e unha gravata.

-         O mércores, a camisa, a gravata e unha flor.

-         O xoves, a camisa,a gravata a flor e algo na cabeza.

-         O venres disfrázanse do que queiran.

O venres, día 12, todo o colexio despois do recreo baixamos ao patio para desfilar  e queimar o compadre e a comadre.

Ao rematar o desfile apareceu “o señor Vento” quen nos rogou que deixaramos troulear ao seu compadre e maila súa comadre.

Nuria (5º B)


Esta presentación rquiere Flash Player 9

                                                          A LARPEIRADA

Os nenos e nenas de E.I de 5 anos celebraron o Entroido cunha “larpeirada”. Disfrutaron comendo e compartindo con seus compañeiros, compañeiras e profesoras doces típicos do Entroido. filloas, rosquillas, chulas, orellas… 

Esta presentación rquiere Flash Player 9

colaborador1 General

XOVES DE COMADRES

Xoves, 11 de Febreiro de 2010

Hoxe celebramos o “Xoves de Comadres” da mesma maneira que se fixo o “Xoves de Compadres”; pero agora  son os nenos os que escapan e agochan as comadres mentres as nenas corren e corren ata recuperalas.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

admin General

FOTOS E MURAIS DO DÍA DA PAZ

Domingo, 7 de Febreiro de 2010

Disfrutade vendo os murais dos nenos e nenas de E.I e 1º ciclo de E.P. e as fotos da celebración do día da Paz.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Os nenos e nenas de 3º infantil(5 anos B) quérenvos mostrar o seu concepto da Paz.

embedded by Embedded Video

colaborador1 General

NO LUÍS PIMENTEL XA COMEZOU O ENTROIDO

Xoves, 4 de Febreiro de 2010

 

Os nenos e nenas de 5 anos de E. Infantil abriron o Entroido 2010. Hoxe, “Xoves de Compadres”, celebraron este día elaborando  un compadre con papel reciclado,  xornais, papel de cores…

Logo, todas as nenas visitaron algunhas clases  para ensinárllelos aos alumnos e alumnas de Primaria.

No recreo divertíronse co “O xogo dos Compadres”.As nenas escapaban cos compadres agochándose dos nenos quen pouco despois daban con elas e perseguíanas ata recuperalos.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

colaborador1 General