Inicio > General > NADAL 2009

NADAL 2009

Mércores, 20 de Xaneiro de 2010

Este ano, a causa das obras, non houbo Festival de Nadal. Sen embargo, os nenos e nenas traballaron con moita ilusión aínda que non puideran subir ao escenario.

Os alumnos e alumnas de 4ºC deixaron voar a súa imaxinación para crear un  Belén ecolóxico con lixo e produtos da terra: patacas, grans de café, follas de plátanos e ourizos. O resultado foi espectacular. Todos os que entraban no colexio quedaban abraiados ao velo. E, como non, recibiron unha “MENCIÓN HONORÍFICA” da Asociación de Belenistas.

Ademais, os nenos e nenas de E.I e 1º Ciclo celebraron o tradicional “Canto de Reis” indo polas clases;  cantaron panxoliñas, xuntándose por ciclos, a carón do Belén.

Non podemos esquecer a visita do axundante de Papá Noel  cargado de regalos.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Canción de Nadal dos nenos e nenas de E.I de catro anos

admin General

  1. Sen comentarios aún.
  1. Sen trackbacks aún.