Inicio > General > ENTROIDO 2010

ENTROIDO 2010

Luns, 15 de Febreiro de 2010

O Entroido é unha festa chea de colorido, merendadas e moita diversión. Nestas datas a xente disfrázase para que ninguén os recoñeza e así poder facer trasnadas. Como é  a época de probar o porco, cómese moito.

No noso colexio tamén celebramos o Carnaval. Os nenos e nenas de E.I e 1º ciclo de E. P. tiveron que levar na semana do Entroido cousas extravagantes:

-         O luns, unha camisa vella do pai ou da nai.

-         O martes, a camisa vella e unha gravata.

-         O mércores, a camisa, a gravata e unha flor.

-         O xoves, a camisa,a gravata a flor e algo na cabeza.

-         O venres disfrázanse do que queiran.

O venres, día 12, todo o colexio despois do recreo baixamos ao patio para desfilar  e queimar o compadre e a comadre.

Ao rematar o desfile apareceu “o señor Vento” quen nos rogou que deixaramos troulear ao seu compadre e maila súa comadre.

Nuria (5º B)


Esta presentación rquiere Flash Player 9

A LARPEIRADA

Os nenos e nenas de E.I de 5 anos celebraron o Entroido cunha “larpeirada”. Disfrutaron comendo e compartindo con seus compañeiros, compañeiras e profesoras doces típicos do Entroido. filloas, rosquillas, chulas, orellas…

Esta presentación rquiere Flash Player 9

colaborador1 General

  1. Kevin Michel Arambillete Correa
    Mércores, 24 de Febreiro de 2010 a las 15:47 | #1

    Bueno yo soy de 5ºC pero lo único que puedo decir es que están todos muy bien y que mal que yo no salgo en ninguna foto ja,ja,ja.
    Bueno y también que no sale Nerea bueno, los de mi clase, ya saben de que hablo adiós.

  1. Sen trackbacks aún.