Inicio > General > UNHA VISITA AO PARQUE DE TRÁFICO

UNHA VISITA AO PARQUE DE TRÁFICO

Luns, 22 de Febreiro de 2010

O día 18 de febreiro, un grupo de alumnos de 5º fixemos unha visita ao parque de tráfico, en Frigsa.

Fomos facer as clases prácticas de educación vial, porque a teoría xa a fixeramos no colexio nos dous últimos cursos. 

Despois de escoitar as explicacións do monitor, organizámonos en grupos de oito nenos e nenas para realizar o percorrido nos cars e nas bicicletas.

O circuito tiña unha ponte, varios sinais de STOP e cruce de carrís, unha rotonda, dous semáforos… 

Ao final, o mestre repartiunos uns carnets de conducir cos nosos nomes… que boa idea! 

Esta excursión foi moi divertida e creo que todos o pasamos xenial. 

                                                      LAURA LÓPEZ  (5ºC) 

colaborador1 General

  1. Daniel Prado Rielo
    Xoves, 25 de Febreiro de 2010 a las 18:33 | #1

    Foi moi divertido ,estou de acordo contigo, ademais se houbo alguén que lle gustase repetir que sepa que se pode ir no verán a facer un curso gratuito durante 15 días, o que queira ir deberase informar no concello ou no 010 que e o número de información do concello de Lugo

  1. Sen trackbacks aún.