“LUGO 10″ CONMEMORA O ANIVERSARIO DA MURALLA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Co eslogan “Lugo10” o Concello de Lugo ten previsto levar a cabo durante todo o ano 2010 numerosas actividades de distinta índole: culturais, deportivas, artísticas, cun único obxectivo dar a coñecer a MURALLA DE LUGO.
Fai dez anos Lugo pasou a ser unha das cidades galegas que hoxe contan con distincións da Unesco: a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e o Camiño de Santiago xunto co Casco Vello da cidade.
A Muralla romana de Lugo rodea o casco histórico da cidade. A antiga cidade romana “Lucus Augusti” fundada por Paulo Fabio Máximo en nome do Principe Octavio Cesar Augusto no ano 13 antes de Cristo coa finalidade de anexionar o noroeste da península Ibérica ao poder de Roma foi dotada dun muro de defensa que perdura ata a actualidade.
A Muralla de Lugo é a única de Europa que conserva íntegro o seu perímetro de casi 2200 con moi poucas diferenzas co deseño orixinal. Por ser o recinto fortificado máis importante , o mellor conservado e o máis representativo da época, totalmente transitable, foi declarado pola Unesco o 30 de Novembro do 2000 Patrimonio da Humanidade.
O colexio Luís Pimentel quere unirse a esta conmemoración dedicándolle a portada da revista PIRINGALLADAS á Muralla de Lugo.