Inicio > General > SEMANA DA ELABORACIÓN DO PAN

SEMANA DA ELABORACIÓN DO PAN

Luns, 2 de Maio de 2011

Esta semana remataremos o ciclo do pan facendo de panadeiros e panadeiras.

Cada neno e nena de E Infantil e de 1º ciclo de Primaria fará o seu boliño seguindo os pasos fixados na receita que xa escribimos: 1º amasar, 2º levedar, 3º dar forma ao pan e 4º fornear. Contamos cun forno cedido pola panadería SOTO do barrio.

Cada día desta semana tres clases realizarán esta actividade:

- O luns correspóndelles aos nenos e nenas de 1º de Primaria.

- O martes, aos de 2º de Primaria.

-  O mércores aos nenos e nenas de 5 anos de E Infantil.

-  O xoves, aos de 4 anos de E Infantil.

- O venres aos nenos e nenas de 3 anos de E Infantil.

Unha vez cocido o boliño feito coas nosas mans, comerémolo con moito gusto.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Esta presentación rquiere Flash Player 9

colaborador1 General

  1. Sen comentarios aún.
  1. Sen trackbacks aún.