Arquivo
A MUIÑADA
“A muiñada de Fuxan os Ventos”.
Adaptación realizada por Alexia de 6ºB.
23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO
O falecemento de Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616, en fechas moi próximas, é tomado como referencia pola UNESCO para propoñer o 23 de abril “Día do Libro e do Dereito de Autor”; proposta aprobada en París o 15 de novembro de 1995, celebrándose dende entón todos os 23 de abril.
Este ano celébrase no marco do Ano Internacional do Dereito de Autor das Culturas.
(Imaxe de Google)
15 de marzo :Día Mundial dos Dereitos do Consumidor
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor foi celebrado por primeira vez o 15 de marzo de 1983, vinte anos despois de que John Kennedy establecera as bases do que sería a defensa dos dereitos do consumidor. É unha xornada na que se promoven os dereitos fundamentais de todos os consumidores, na que se esixe que os seus dereitos sexan respectados e protexidos; na que se protesta contra os abusos do mercado e das inxusticias sociais que os socavan.
“Ser consumidor, por definición nos incluye a todos (…) Somos el grupo económico más grande en el mercado, que afecta y es afectado por casi todas las decisiones económicas públicas y privadas… pero es el único grupo importante cuyos puntos de vista a menudo no son escuchados”
(1962, John Kennedy)
O tema do Día Mundial Dos Dereitos do Consumidor 2010 é “Os nosos cartos, os nosos dereitos” e fará fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores en relación cos servicios financieiros.
(Imaxe: Consumers International )
XOVES DE COMADRES
Hoxe celebramos o “Xoves de Comadres” da mesma maneira que se fixo o “Xoves de Compadres”; pero agora son os nenos os que escapan e agochan as comadres mentres as nenas corren e corren ata recuperalas.
NADAL 2009
Este ano, a causa das obras, non houbo Festival de Nadal. Sen embargo, os nenos e nenas traballaron con moita ilusión aínda que non puideran subir ao escenario.
Os alumnos e alumnas de 4ºC deixaron voar a súa imaxinación para crear un Belén ecolóxico con lixo e produtos da terra: patacas, grans de café, follas de plátanos e ourizos. O resultado foi espectacular. Todos os que entraban no colexio quedaban abraiados ao velo. E, como non, recibiron unha “MENCIÓN HONORÍFICA” da Asociación de Belenistas.
Ademais, os nenos e nenas de E.I e 1º Ciclo celebraron o tradicional “Canto de Reis” indo polas clases; cantaron panxoliñas, xuntándose por ciclos, a carón do Belén.
Non podemos esquecer a visita do axundante de Papá Noel cargado de regalos.
AXENDA 21
O programa “Axenda 21″ chegou ao seu fin, os nenos e nenas de 5º curso do colexio Luís Pimentel terminamos todos os traballos que tiñamos que facer con este programa.
Un dos que fixemos ao principio tratou de que nós viramos a cantidade de lixo que hai neste colexio despois de recoller unha certa variedade de residuos que atopamos polo patio un día calquera; pesámola e había uns dous quilos setecentos gramos de lixo, o cal repartimos en catro bolsas: para o plástico, papel e cartón, vidro e restos orgánicos.
Pareceunos un traballo moi interesante e útil para que nun futuro todos poidamos coidar mellor o noso planeta.
Alexia Fernández Campos 5º
TODO ES AGUA
O luns e o martes, 23 e 24 de novembro, os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo de E.P. poidemos disfrutar dunha exposición titulada “TODO ES AGUA”.
No ximnasio, Erika e José faláronnos sobre a importancia da auga na nosa vida, xa que nós mesmos temos un 75% de auga no corpo.
A maior parte da superficie da terra está formada por auga, por iso, adoitamos chamarlle “ planeta azul”.
Ao final mostráronnos unhas maquetas e ensináronnos como se filtra a auga con pedras, gravilla e area. Foi moi bonito!
Nuria López Váquez 5º
A SEMANA CULTURAL
A semana do luns día 13 ao 17 de maio vai ser moi interesante xa que vai ser a Semana Cultural no Luis Pimentel. Ao longo desta semana os alumnos e alumnas levaremos a cabo moitas actividades como asistir a unha pequena charla que ofrecera o escritor Antonio Reigosa, un maratón de lectura,os Maios, obras de teatro e xogos. Ademais polas tardes habrá no colexio exhibicións de baile e outras moitas cousas.
O 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
O día 23 de abril celebrouse o día do libro.
Celébrase este día debido a que o día 23 de abril de 1616 morreu o escritor Miguel de Cervantes e o día 23 de abril de 1616 o tamen escritor William Shakespeare.
