Arquivo
FOTOS DOS ACTOS DA XVII SEMANA CULTURAL
FOTOS DA 6ª E 7ª SESIÓNS DE CONTACONTOS
DÍA DO TEATRO
Hoxe, 4º día da Semana Cultural, seguimos coas sesións de contacontos de nenos/as para outros do seu nivel ou ciclo; de nais/pais para os alumnos/as de tres e de catro anos.
A actividade primordial do día é o TEATRO. O IES Ánxel Fole agasállanos neste día coa representación de catro pezas teatrais para todos os nenos e nenas do colexio:
- A Cebra Camila, para Educación Infantil.
- O Achado do Castro, para primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria.
- Corto de Castelao e A Arboriña de Nadal para terceiro ciclo de Educación Primaria.
3º DÍA DA SEMANA CULTURAL
Hoxe poderemos disfrutar de:
- Durante a mañá dos ”Contacontos “por niveis. Algúns nenos e nenas contan ao
alumnado do seu nivel ou ciclo.
- Pola tarde:
16:00: Exhibicións de FÚBOL SALA
17:00: Exhibición de BALONMÁN
2º DÍA DA XVII SEMANA CULTURAL
A partir das 9:30 E. I e cada ciclo de E.P confeccionará un maio. Ás 13:10 todo o alumnado, no patio, celebrará “O maio” cantando unha cantiga.
Ás 16:00 será o Festival de Danza Galega no que participará todo o alumnado que asistiu ás actividades de baile galego e de gaita.
COMEZA A XVII SEMANA CULTURAL
O NACEMENTO DUN PAXARIÑO
O venres, día 7, a maneira de prólogo da Semana Cultural, foi escenificado o conto “O nacemento dun paxariño”. Con música de Vivaldi -”A primavera”-, setenta nenos e nenas de E. Infantil, cinco anos, participaron na representación á que asistiron os nenos e nenas de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria.
5ª SESIÓN DE CONTACONTOS FAMILIAR
Hoxe celebramos a 5ª sesión de CONTACONTOS FAMILIAR. Serán os nenos e nenas de 2º de Primaria os destinatarios dos contos de pais e de nais.

