Arquivo

Arquivo para a categoría ‘General’

ENTROIDO 2011

Mércores, 9 de Marzo de 2011

O venres, día catro, celebramos o “Entroido”. Despois do recreo comezou a festa dando lectura ás coplas inventadas polos alumnos e alumnas do terceiro ciclo para, a continuación, dar paso ao desfile de disfraces.


              Un ano máis o “Meco” librouse da queima.

General

A MALLA

Venres, 11 de Febreiro de 2011

AXENDA 21

Luns, 7 de Febreiro de 2011

Desde o ano 2007, o CEIP Luis Pimentel está a desenvolver o programa de Axenda 21 Escolar no terceiro ciclo de Educación Primaria.

A Axenda 21 Escolar é un programa orientado a desenvolver no noso alumnado a capacidade de participación social no ámbito no que vive, neste caso, na súa escola.

Con esa fin, este ano imos a profundizar no uso racional da auga para poder definir un plan de xestión sostible para o seu uso na vida cotiá do noso alumnado.

Os contidos que se van traballar serán: A auga no futuro, un recurso escaso?, a auga no mundo, puntos de producción de augas residuais nos fogaresa: analizamos a súa composición, a construcción dunha depuradora escolar, ecoauditoría da auga na nosa escola e definimos un plan de xestión sostible da auga no noso centro.

General

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Venres, 28 de Xaneiro de 2011

O domingo, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia para conmemorar o cabodano de Mahatma Gandhi. Nós conmemorámolo hoxe, dia 28.

Durante esta semana intentamos imaxinar  un mundo sen violencia, abusos, prexuizos…, un mundo en que todos respectemos os Dereitos Humanos.

O alumnado de todos os ciclos resaltou a importancia da solidariedade, da tolerancia, do diálogo…, nos seus traballos.

Os alumnos e alumnas de EI debuxaron pombas da paz coas que compuxeron fermosos murais. O 1º ciclo de EP adornaron os corredores con pombas e cantaron todos no patio a canción “O corro do cariño” que ensaiaron nas aulas e coa profesora de música. 

O alumnado do 2º e 3º ciclo participaron nun acto colectivo no que se deu lectura ao “Manifiesto da Paz” escrito polos alumnos e alumnas do 3º ciclo e que rematou cun repertorio de cancións: “Que viva o amor”(Que viva a paz e o amor), 3º nivel; “Siyahamba”,(Siyahamba 4 ) 4º nivel;“Que viva la vida” de 5ºnivel (Viva a vida 5) y “Viva a xente “(Viva a xente 6) de 6ºnivel.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Esta presentación rquiere Flash Player 9

General

CHARLA DO GAS NATURAL

Mércores, 26 de Xaneiro de 2011

O pasado xoves , día 20 de xaneiro os alumnos de sexto de primaria asistiron a unha charla do gas natural. A monitora explicou varios temas relacionados coa enerxía ,apoiando a renovable e ensinando a aforrar a contaminante.

Entre todos os nenos de cada grupo íase respondendo a varias preguntas dun test.

Ao rematar , a instructora deulle dous CD´S para o ordenador ao profesor , así poderíase repasar todo o común coa enerxía desde a clase.

    Laura López  6ºC  (Imaxe baixada de Google)

General

PINTORES FAMOSOS

Venres, 21 de Xaneiro de 2011

Esta presentación rquiere Flash Player 9

Título: “Pintores famosos”
Autora: Ainoha Martínez, 6ºB

General

FACENDO O PAN

Xoves, 20 de Xaneiro de 2011

Un alimento esencial da humanidade é o pan. Pero detrás da típica barra dos supermercados hai un longo proceso. Eu, acompañada de imaxes, intentarei explicarvos como se fai o pan.

Esta presentación rquiere Flash Player 9

AUTORA: Nuria López Vázquez, 6ºB

General

PREPARÁMOLO DÍA DA PAZ

Mércores, 19 de Xaneiro de 2011

A MUIÑADA

Xoves, 13 de Xaneiro de 2011

“A muiñada de Fuxan os Ventos”.

Adaptación realizada por Alexia de 6ºB.

 

General

A VISITA DE PAPÁ NOEL

Mércores, 29 de Decembro de 2010

Esta presentación rquiere Flash Player 9

General