Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Novas do colexio’

TODO ES AGUA

Mércores, 2 de Decembro de 2009

P1080010O luns e o martes, 23 e 24 de novembro, os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo de E.P. poidemos  disfrutar dunha exposición titulada “TODO ES AGUA”.

          No ximnasio, Erika e José faláronnos sobre a importancia da auga na nosa vida, xa que nós mesmos temos un 75% de auga no corpo.

          A maior parte da superficie da terra está formada por auga, por iso, adoitamos chamarlle “ planeta azul”.

          Ao final mostráronnos unhas maquetas e ensináronnos como se filtra a auga con pedras, gravilla e area. Foi moi bonito!

                                                   Nuria López Váquez 5º

            P1080024

       

Novas do colexio

NEVA EN LUGO

Mércores, 21 de Xaneiro de 2009

Recuperamos este inverno unha imaxe de Lugo que xa case tiñamos esquecida, toda a cidade cuberta cun manto branco. Esta fotografía é do noso colexio o 20 de xaneiro.

colenevado

Novas do colexio

Conta atrás

Domingo, 30 de Novembro de 2008
mencer na Piringalla

Mencer na Piringalla

Está a piques de nacer unha nova revista dixital elaborada polo CEIP Luís Pimentel de Lugo. Esperamos que sirva de canle para mostras as inquedanzas, traballos, novas … da nosa comunidade educativa. Xa pouco queda.

Novas do colexio