Excursión Á Coruña
O martes ,27 de abril, os nenos de sexto fomos a unha excursión Á Coruña onde vimos o Acuario,o Domus e a Casa das Ciencias.
No Acuario vimos moitas clases de peixes.No Domus había moitos xogos relacionados co noso corpo e na Casa das Ciencias había xogos curiosos relacionados coa ciencia e tamén estaba o Planetario onde podíanse ver todas as estrelas.
Silvia 6º B
2ª SESIÓN DE CONTACONTOS DAS FAMILIAS
Celebrouse hoxe a 2ª sesión de contacontos familiar. Esta vez foron os nenos e nenas de catro anos os destinatarios dunha xornada escolar diferente vivida con moita ilusión.
“LUGO 10″ CONMEMORA O ANIVERSARIO DA MURALLA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Co eslogan “Lugo10” o Concello de Lugo ten previsto levar a cabo durante todo o ano 2010 numerosas actividades de distinta índole: culturais, deportivas, artísticas, cun único obxectivo dar a coñecer a MURALLA DE LUGO.
Fai dez anos Lugo pasou a ser unha das cidades galegas que hoxe contan con distincións da Unesco: a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e o Camiño de Santiago xunto co Casco Vello da cidade.
A Muralla romana de Lugo rodea o casco histórico da cidade. A antiga cidade romana “Lucus Augusti” fundada por Paulo Fabio Máximo en nome do Principe Octavio Cesar Augusto no ano 13 antes de Cristo coa finalidade de anexionar o noroeste da península Ibérica ao poder de Roma foi dotada dun muro de defensa que perdura ata a actualidade.
A Muralla de Lugo é a única de Europa que conserva íntegro o seu perímetro de casi 2200 con moi poucas diferenzas co deseño orixinal. Por ser o recinto fortificado máis importante , o mellor conservado e o máis representativo da época, totalmente transitable, foi declarado pola Unesco o 30 de Novembro do 2000 Patrimonio da Humanidade.
O colexio Luís Pimentel quere unirse a esta conmemoración dedicándolle a portada da revista PIRINGALLADAS á Muralla de Lugo.
OBRA DE TEATRO LUME
O día 19 de abril acudiu ao noso colexio, por xentileza de Anaya-Edicións, a compañía de teatro Babaluva que coa obra “Lume” deleitou a tódalas nenas e nenos de Educación Infantil e 1º Ciclo de primaria.
No seguinte vídeo podedes ver algúns momentos da súa actuación.
embedded by Embedded Video
Se queredes ver a obriña ou se queredes que os vosos nenos/as volvan a disfrutala podedes facelo pinchando aquí.
23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO
O falecemento de Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616, en fechas moi próximas, é tomado como referencia pola UNESCO para propoñer o 23 de abril “Día do Libro e do Dereito de Autor”; proposta aprobada en París o 15 de novembro de 1995, celebrándose dende entón todos os 23 de abril.
Este ano celébrase no marco do Ano Internacional do Dereito de Autor das Culturas.
(Imaxe de Google)
LA NOTICIA ERES TÚ
Durante la Semana de la Prensa, los alumnos y alumnas de 5ºB disfrutaron escribiendo noticias.
EL VIEJO POETA
Estos cuentos están inspirados en el primer capítulo del libro “Cuentos y poemas para un mes cualquiera” de Jordi Sierra i Fabra y Antonio García Teijeiro.
Después de leerlo y comentarlo, decidimos crear , entre toda la clase, uno. Empezó una niña el cuento y con la aportación de todos y todas contamos una bonita historia.
Finalmente, decidimos escribir nuestra propia historia.
5ºB
22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
SESIÓNS DE CONTACONTOS DAS FAMILIAS
Como preludio da Semana Cultural, hoxe, comezan no colexio as sesións de contacontos: as nais e os pais teñen o protagonismo.
Os nenos e nenas están moi ilusionados!!!
