DOUS FEITOS BIMILENARIOS
Co eslogan “Lugo10” o Concello de Lugo levou a cabo durante todo o ano 2010 numerosas actividades de distinta índole: culturais, deportivas, artísticas, cun único obxectivo dar a coñecer a MURALLA DE LUGO.
Como sabedes, fai dez anos Lugo pasou a ser unha das cidades galegas que hoxe contan con distincións da Unesco: a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e o Camiño de Santiago xunto co Casco Vello da cidade.
Os alumnos e alumnas de 3º B quixeron unirse a esta conmemoración facendo unha maqueta da MURALLA ao redor da que montaron o “Belén”.
Esperamos que vos guste.
O CANTO DE REIS
Hoxe da comezo, dentro das actividades de Nadal, “O canto de reis”.
Nenos e nenas dos diferentes ciclos percorrerán as clases intercambiando e cantando panxoliñas, cantos de aninovo e reis.
DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
Hoxe, día 10 de decembro celébrase, a nivel mundial, o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
SEMANA DO 1 AO 11 DE DECEMBRO, CONMEMORAMOS A CONSTITUCIÓN
Se queredes informarvos sobre a Constitución premede aquí.
Da leira ao forno: o pan
O alumnado de 5ºB comparte connosco a súa investigación acerca da coción do pan.
GALERÍA DE FOTOS DO ALUMNADO DE E.I DE 3 ANOS
DA LEIRA AO FORNO: DEGUSTACIÓN DO PAN
Hoxe, os nenos e nenas de E.I. e 1º ciclo de E.P. van facer unha degustación de diferentes tipos de pan: de millo (boroa), de centeo ecolóxico, de trigo integral ecolóxico e pan de trigo refinado (barra).
Esta actividade encádrase dentro do proxecto “Da leira ao forno”, que se desenvolverá ao longo do curso.
A FESTA DO MAGOSTO
O pasado venres celebrouse no colexio Luís Pimentel a festa do Magosto. Levouse a cabo no patio do parvulario dende as doce da mañá ata as dúas do mediodía.
Asáronse deliciosas castañas para toda a xente da escola. Os meniños de infantil e primeiro ciclo estiveron fóra do edificio practicando xogos tradicionais feitos por eles. Os rapaces do segundo e o terceiro ciclo quedáronse nas aulas comendo estes froitos do outono.
Moitos nenos fixeron debuxos e carteles relacionados con este tema. Tamén se interpretaron cancións típicas desta celebración.
Laura López 6º C