Arquivo

Entradas Etiquetadas ‘Novas do colexio’

A SEMANA CULTURAL

Mércores, 6 de Maio de 2009

A semana do luns día 13 ao 17 de maio vai ser moi interesante xa que vai ser a Semana Cultural no Luis Pimentel. Ao longo desta semana os alumnos e alumnas levaremos a cabo moitas actividades como asistir a unha pequena charla que ofrecera o escritor Antonio Reigosa, un maratón de lectura,os Maios, obras de teatro e xogos. Ademais polas tardes habrá no colexio exhibicións de baile e outras moitas cousas.

General

ANTONIO REIGOSA

Martes, 5 de Maio de 2009

O escritor Antonio Reigosa visita o noso Colexio dentro da Semana Cultural. Se queres podes escoitalo neste pequeno video.

General

BANDA DESEÑADA

Luns, 4 de Maio de 2009

O 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Luns, 4 de Maio de 2009

O día 23 de abril celebrouse o día do libro.
Celébrase este día debido a que o día 23 de abril de 1616 morreu o escritor Miguel de Cervantes e o día 23 de abril de 1616 o tamen escritor William Shakespeare.

General

OS NENOS DO LUIS PIMENTEL NO PERIÓDICO

Xoves, 26 de Marzo de 2009

O outro día un fotógrafo do periódico “EL PROGRESO” veu ao colexio e  fixonos fotos aos nenos do Luis Pimentel por turnos.
As fotos feitas poderanse ver no periódico “El PROGRESO” os sábados na sección “PÍCAROS”.

General

DIA DO PAI

Martes, 17 de Marzo de 2009

O xoves 19 de marzo celébrase o día do pai polo que os alumnos do Luis Pimentel ao igual que noutros colexios o xoves (Día do Pai) e o venres (Día do ensino) non terán clase.

General

VISITA DO BREOGAN ESTUDIANTES

Luns, 16 de Marzo de 2009

Recibimos a visita de xogadores e técnicos do Breogan e do Estudiantes. Fixemos xogos en circuito e fotos cos xogadores. Un xogador de Tunez que se chama SEN é o máis alto que xoga en España.visita-basket1

General